Archive for the 'Sen clasificar' Category
≡ Ola Mundo!
Bemvido a blogaliza.org. A tua primeira anotacion. Podela editar, ou borrar. Faino, e comeza a participar no blogomillo!!
chúzame - ≡ Nación
E van dar voltas e reviravoltas para dicir que non somos o que realmente somos. E chegarán á conclusión de que somos unha nacionalidade histórica, unha entidade nacional singular, unha nazón de Breogán (pero só de Breogán eh, que ninguén se chame a engano), unha colectividade identitaria, unha realidade indefinible...
Pero isto non será o peor, o peor é que acabarán por conseguir que deixemos de ser o que levamos sendo durante séculos, unha nación.
chúzame - ≡ O pracer do singular
O exceso de información chega a ser inservible, a facilidade coa que accedemos aos bens culturais mesmo acaba por nos converter en usuarios aborrecidos.
Ir a un museo pode ser unha experiencia marabillosa, ver en tres días os museos dunha gran capital acaba por converter o pracer en algo dificilmente dixerible.
U-los aqueles tempos en que agardabamos ansiosos a saída ao mercado do último disco dos nosos ídolos?
Que se sente ao ter no disco duro do ordenador máis libros dos que nunca poderás ler?
Que se sente ao ter máis minutos de música dos que ha durar a túa existencia?
O tempo foxe sen remedio, mentres...
eu escribo este blog.
Copiado de aquí.
chúzame - ≡ Sen medo a voar
Trátase dunha nova forma de perder o medo a voar, unha guía de sexo no avión (tanto nos asentos coma nos baños). Nada mellor para desestresarse voando que voar doutra maneira.
Vía A Randeeira.
Vía A Randeeira.
chúzame - ≡ Oculta paixón
venres, novembro 10th, 2006≡ Palestina
venres, novembro 10th, 2006≡ Afástome
Afástome, estou amolada. Gustaríame actuar con normalidade, como se nada tivese pasado, pero non me sae, algo remoe.
Afástome, aínda sabendo que non hei ser quen a non volver.
Afástome ao tempo que me pregunto se saberás/quererás agardar por min.
chúzame - 





