Selva de Esmelle


Archive for the 'Selva' Category

Un deses putos días

.flickr-photo { border: solid 2px #000000; }.flickr-yourcomment { }.flickr-frame { text-align: left; padding: 3px; }.flickr-caption { font-size: 0.8em; margin-top: 0px; }


camila gertne, orixinalmente cargada por Denis Gustavo.

Pois teño un deses putos días con necesidade de arma de fogo para aforrar palabras. E teríame cargado a dous: un pola mañá de varios disparos, con ensañamento, por puto cabrón maleducado; e outro horas despois, dun só disparo, por maldito cabrón que sabes como facerme dano.

E logo teríame pegado un tiro, na tempa, que así non vexo o canón. Si, na tempa, por paspana, por non ter mandado á merda ao primeiro e por non ser quen de converterme en balsa de aceite cando chegan as túas tormentas.

Pero como non vivo nos EUA e non teño a arma no maleteiro do coche veño aquí e disparo palabras, que para o caso non é o mesmo pero fai por vez.

Chuzame! chúzame -
mércores, abril 16th, 2008

Mazás tivesen as maceiras

Esta Selva é tan rica que andan as mazás polo chan e pódeas apañar quen queira.
Hainas para el,
para ela
e para el tamén.

E vostedes pensarán a que vén tanta mazá, pero é que os paseadores desta Selva non se conforman con calquera cousa, non, non, sonlles ben tiquismiquis, e mentres as árbores da Selva vaian portándose, por mazás non ha de ser.
Chuzame! chúzame -
domingo, xaneiro 20th, 2008

Ataque de fachenda

[Fotografía de antonioxalonso]
Non o puiden evitar, foi ver a Selva no libro de 1º de ESO de Xerais e entrarme un ataque de fachenda que aínda me dura. Si, si, velaí está, e iso xa é moito, pero o mellor é o outro. Como! Aínda non se fixaran? Miren ben, si, á dereita, debaixo, viron que compañeiros de páxina? Calidonia, A Nosa Biblioteca, Brétemas, que vida de porquiño!, Cabrafanada. Mil grazas aos autores por me proporcionaren este gozoso momento.

Vía A Nosa Biblioteca.

Chuzame! chúzame -
mércores, xaneiro 9th, 2008

Expectativas

Comezo este ano chea de expectativas, espero que o paso demorado dos días non se encargue de botarmas por terra.
Chuzame! chúzame -
mércores, xaneiro 2nd, 2008

Regreso

Por fin, de volta.

De momento poñámonos cómodos e deixemos gozar os sentidos.
Espero que lles guste.

Chuzame! chúzame -
mércores, outubro 3rd, 2007

Autodisciplina

Este post ía ser un exercicio de autodisciplina pero o buscador deu cunha parella de escaravellos da pataca facendo as súas cousas...
abonda con ver a folla toda mordida, nada de escenarios preparados. Hai que recoñecer que calquera extremidade vexetal é boa para acoller tanta enerxía...
aenerxianinsecreaninsedestruesosetransforma
seráopracerunhaformadeenerxía?
está claro que iso é un aquítepilloaquítemato de matrícula, esa tensión nas patiñas, esa forma de agarrarse á superficie verde, esa forma de acometer...
ecomosereproduciranosescaravellosdapataca?
sieutamenseimenosqueunnenodeprimaria
pero máis ca ti
si
si
sei algo que ti aínda non sabes, meu amante raiado
[Fotografía de Carlos]
Chuzame! chúzame -
venres, agosto 31st, 2007

Todas as cores






Na Selva de Esmelle a luz brilla con todas as cores do arco da vella.

Chuzame! chúzame -
sábado, xuño 30th, 2007

Solsticio de verán

Non saltei o lume de San Xoán, non catei a flor da auga, nin sequera tiven ramo na casa, aínda así, queimei o que tiña de ser queimado e en segredo pronunciei o meu desexo para o vindeiro ano.
Tras o solsticio de verán volto á Selva que me ten atrapada, a este acubillo de tempo propio.
Grazas a tod@s polos seus comentarios, algúns aínda me fixeron rir un anaco, abofé que si.
PD: Botábaos en falta.
[Fotografía de X]
Chuzame! chúzame -
mércores, xuño 27th, 2007

Cambio de imaxe

Chuzame! chúzame -
sábado, xuño 2nd, 2007

Rubideira teimuda I

Aquí continúo, un ano despois de que alguén me metese o formiguiño de realizar esta viaxe.
Agardaba ser rubideira teimuda pola cortiza da rede de redes e algo fun facendo.
Cruzáronse moitos camiños alleos co meu, case que sempre enriquecedores e amables, estoulles agradecida por facer que fose así.
Aínda que por veces houbo tentacións de abandonar a selva, de momento creo este é un vicio furtivo que me podo permitir e que quero seguir compartindo con tod@s vostedes.
Grazas de novo por estaren aí.
[Rachmaninov - Rapsodia sobre un tema de Paganini]


powered by ODEO

Chuzame! chúzame -
sábado, xuño 2nd, 2007