Archive for the 'Publicidade' Category
≡ Xuntanza de blogueiros
luns, abril 21st, 2008≡ Premio xornalístico
Amablemente enviáronme ao correo hai unhas semanas información sobre a convocatoria do IV Premio a Artigos Xornalísticos Normalizadores convocado polo concello de Carballo a través do seu Servizo de Normalización Lingüística. Pídolles desculpas polo meu despiste e non ter colaborado antes na difusión do premio e aproveito para enviarlles os meus parabéns por algunhas das iniciativas que están a levar a cabo como o Literactúa.
chúzame - ≡ Días estranhos - 5 anos
O blog de Martín Pawley cumpre cinco anos e faino principiando unha serie de recomendacións literarias de diferentes persoeiros que se abre coa intervención de Agustín Fernández Paz. Parabéns ao autor polo aniversario e pola iniciativa.
chúzame - ≡ Campaña de animación á lectura 50
luns, marzo 17th, 2008≡ Campaña de animación á lectura 49
martes, marzo 11th, 2008≡ Campaña de animación á lectura 48
martes, marzo 11th, 2008≡ Recreando a Hitchcock
A revista Vanity Fair acaba de publicar un cartafol con once fotografías que reproduce con estrelas cinematográficas actuais unha serie de momentos icónicos dos filmes de Alfred Hitchcock. A web da publicación ademais tamén ofrece un pequeno vídeo onde se amosa como se realizaron algunhas das instantáneas. Déixolles aquí tres exemplos.
__________________
Das mans de Julian Broad volvemos a Rebeca, ao Manderley de Rebeca De Winter, onde vemos a segunda señora De Winter (daquela Joan Fontaine e agora Keira Knightley) e a súa terrorificamente fiel ama de chaves, Mrs. Danvers (noutrora Judith Anderson e para esta ocasión Jennifer Jason Leigh).
__________________
No filme A ventá indiscreta, Scarlett Johansson e Javier Bardem convértense en Jeff (James Stewart) e Lisa (Grace Kelly) grazas a Norman Jean Roy.
__________________
Art Streiber fai que George Kaplan (antes Cary Grant, agora Seth Rogen) fuxa de novo en North by Northwest.

chúzame - ≡ Campaña de animación á lectura 47
sábado, marzo 1st, 2008≡ 12 ANOS DE VIEIROS
polo cartafol
pola comunidade
polo compromiso
polas crónicas de María Reimóndez
pola diversión
polos especiais
polo espírito
polo estilo
pola constancia
polo Galego.org
pola información
pola innovación
pola opinión
polo rexistro de cada un dos meus días
PARABÉNS VIEIROS
chúzame - 









