Selva de Esmelle


Archive for the 'Elas' Category

O meme das alegrías

Cando L.Q.B. tivo a ben convidarme a participar no seu orixinal meme sobre coñecementos bíblicos ou, dito doutro xeito, con que cinco blogueir@s farías alegrías durante unha noite toda, primeiro foi aquilo, máis tarde iso, para seguir con esta brincadeira que debeu ser ben mala. E o caso é que despois das santas xornadas a cousa acabou neste post que me resultou bastante divertido e que espero non ofenda os aludidos. Aí vai a miña listaxe dos 5 nomes, nesta ocasión candidatos, en orde alfabética:
Cabrafanada – entre outras cousas, por isto (sen máis comentarios).
Kaplan – polo cine, as palabras, Kavafis e o que subxace.
O Pitiño – polas súas piadas (aínda na ausencia).
Suso Bahamonde – porque o sexo sempre me pareceu unha forma interesante de baixar aos infernos.

Torreira – porque nunca tiven ocasión de probar o LK mentres, e teño a certeza de que sería unha moi agradable experiencia.

Non vou convidar a ninguén explicitamente a seguir este meme, xa que non está no meu ánimo violentar a ningún dos visitantes desta súa selva; agora ben, saiban todos e todas que quedan formalmente invitados a espallar este exercicio de fresco descaro.
Chuzame! chúzame -
mércores, marzo 26th, 2008

8 de marzo

Chuzame! chúzame -
domingo, marzo 9th, 2008

O poder dunha carta

"Non hai que subestimar o poder dunha carta ben escrita."

Fotografía de Kathy Baker.
Vía Conociendo a Jane Austen.
Vía Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.

Chuzame! chúzame -
mércores, febreiro 27th, 2008

Abordaxe

[Imaxe de Tomás Taure]

-Tes un cigarro?
-Non, deixei o tabaco.
-Agardas compañía ou podo deixar de fumar contigo esta noite?

Chuzame! chúzame -
sábado, febreiro 23rd, 2008

Aborto

Eu tamén abortei.

Pola consecución dun dereito fundamental.

Vía A Nosa Terra.
Vía Vieiros.

Chuzame! chúzame -
luns, xaneiro 21st, 2008

As mazás de Eva

[Fotografía de Nick Koudis.]

Hoxe tócalle ir mercar mazás. Elixe sempre mazás vermellas, deliciosos froitos edénicos creados para tentar e alimentar saudades prófugas doutros.
Hoxe confundiuse coa compra e trouxo unha mazá de menos. Era a túa.

Chuzame! chúzame -
sábado, xaneiro 19th, 2008

Centenario de Bette Davis

O servizo postal estadounidense homenaxea deste xeito á grande loba no centenario do seu nacemento (1908-2008).
Chuzame! chúzame -
luns, decembro 31st, 2007

Saudade do blogomillo

Sinto saudade das visitas a esoutras casas nas que almorzaba, merendaba e mesmo ás veces teño durmido.
Sinto saudade do blogomillo.
Chuzame! chúzame -
mércores, decembro 19th, 2007

Xa sabes a resposta

A - Ola, que tal?
B - Ola, ben, e ti?
A - Pois si que era certo o do réxime, quitaches tipo fino.
B - Xa cho dixen na ponte de outubro, desde agora ata o nadal nin pan, nin patacas, nin cervexas e joder que se nota.
A – Ben a viaxe?
B – Si, pero con ganas de chegar.
A – Hotel, cea ou xa sei a resposta?
B – Sabes ti pouco.
A – Vale, así comprobo os efectos do teu réxime.
[...]
A – E a nena aínda está alá?
B – Non, xa vai no Carballiño, este ano está encaprichada coa Wii esa que sae na tele e túa irmá está empeñada en comprarlla, eu creo que é de tolos pero...
A – Pois vaivos saír nunha pasta o xoguetiño.
B – Non fai falta que aparques o coche, déixame xa na porta. Si, unha pasta, pero ti non te rías tanto que di que a ti che vai pedir a bici, xa sabes, ser o padriño ten esas cousas.
A – Eh, mándame nun correo o modelo que lle gusta.
B – Vale.
A – Vémonos en noiteboa.
B – Ata a noiteboa.

Chuzame! chúzame -
domingo, decembro 16th, 2007

25 de novembro

Perdón a todas as mulleres maltratadas que coñezo e non recoñezo para podelas axudar.
Chuzame! chúzame -
domingo, novembro 25th, 2007