Archive for the 'Disparates' Category
≡ O meme das alegrías
Cando L.Q.B. tivo a ben convidarme a participar no seu orixinal meme sobre coñecementos bíblicos ou, dito doutro xeito, con que cinco blogueir@s farías alegrías durante unha noite toda, primeiro foi aquilo, máis tarde iso, para seguir con esta brincadeira que debeu ser ben mala. E o caso é que despois das santas xornadas a cousa acabou neste post que me resultou bastante divertido e que espero non ofenda os aludidos. Aí vai a miña listaxe dos 5 nomes, nesta ocasión candidatos, en orde alfabética: Cabrafanada – entre outras cousas, por isto (sen máis comentarios).
Kaplan – polo cine, as palabras, Kavafis e o que subxace.
O Pitiño – polas súas piadas (aínda na ausencia).
Suso Bahamonde – porque o sexo sempre me pareceu unha forma interesante de baixar aos infernos.
Torreira – porque nunca tiven ocasión de probar o LK mentres, e teño a certeza de que sería unha moi agradable experiencia.
chúzame - ≡ Niño de víboras
domingo, marzo 16th, 2008≡ Debate eleccións xerais 2008
O de hoxe foi un debate electoral diferente, estiven no Blog dos Pelachos nun chat mentres se desenvolvía o programa, foi divertido e desde logo fixo a experiencia moito máis levadeira. Parabéns a Leco pola iniciativa.
chúzame - ≡ CÓNTALLO A CARREFOUR
"Burra, no hables lenguas menores"
chúzame - ≡ Dereitos Humanos
Amnistía Internacional: El Poder de tu Voz
Vídeo enviado por Razorbuzz
Seica este anuncio de Amnistía Internacional non pode ser emitido nas televisións do estado español porque é considerado propaganda política polo Ministerio de Industria. Menos mal que na Selva as propagandas de causas xustas sempre son benvidas.
Vía Brétemas.
chúzame - ≡ Aborto
luns, xaneiro 21st, 2008≡ Problema matemático
(Marco o 091)
Ao outro lado - Boas noites, 091, dígame.
Eu - Boas noites, mire chamo desde XXX e necesito...
Ao outro lado - Mire, é que este é o número da policía de YYY, tería que chamar á policía de XXX.
Eu - Ah, desculpe, non o sabía, podería darme o teléfono da policía de XXX.
Ao outro lado - Pois agora mesmo non o teño pero mire por aí se pasa alguén que llo han de saber dicir.
Eu - Grazas e boas noites.
Ao outro lado - De nada, boas noites.
(Marco o 112)
Ao outro lado - Boas noites, urxencias Galicia.
Eu - Boas noites, poderían darme o teléfono da policía de XXX.
Ao outro lado - Si, ten para tomar nota? ...
- Calcula en forma de potencia a paciencia de Eu tendo en conta que XXX é unha localidade pertencente á área metropolitana de YYY.
[Fotografía de visualpanic]
chúzame - 





