Selva de Esmelle


Archive for the 'Cine' Category

Días estranhos - 5 anos

O blog de Martín Pawley cumpre cinco anos e faino principiando unha serie de recomendacións literarias de diferentes persoeiros que se abre coa intervención de Agustín Fernández Paz. Parabéns ao autor polo aniversario e pola iniciativa.
Chuzame! chúzame -
luns, marzo 17th, 2008

Recreando a Hitchcock

A revista Vanity Fair acaba de publicar un cartafol con once fotografías que reproduce con estrelas cinematográficas actuais unha serie de momentos icónicos dos filmes de Alfred Hitchcock. A web da publicación ademais tamén ofrece un pequeno vídeo onde se amosa como se realizaron algunhas das instantáneas. Déixolles aquí tres exemplos.
__________________

Das mans de Julian Broad volvemos a Rebeca, ao Manderley de Rebeca De Winter, onde vemos a segunda señora De Winter (daquela Joan Fontaine e agora Keira Knightley) e a súa terrorificamente fiel ama de chaves, Mrs. Danvers (noutrora Judith Anderson e para esta ocasión Jennifer Jason Leigh).


__________________

No filme A ventá indiscreta, Scarlett Johansson e Javier Bardem convértense en Jeff (James Stewart) e Lisa (Grace Kelly) grazas a Norman Jean Roy.


__________________

Art Streiber fai que George Kaplan (antes Cary Grant, agora Seth Rogen) fuxa de novo en North by Northwest.

Chuzame! chúzame -
sábado, marzo 1st, 2008

O poder dunha carta

"Non hai que subestimar o poder dunha carta ben escrita."

Fotografía de Kathy Baker.
Vía Conociendo a Jane Austen.
Vía Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.

Chuzame! chúzame -
mércores, febreiro 27th, 2008

Juno

Unha déixase liar e claro, acaba vendo as pelis que outros lle recomendan.
Se alguén me falase dun filme dunha rapaza de dezaseis anos que queda preñada e vai abortar e sae da clínica sen facelo por algo que lle din, etc. que non lles conto máis que senón perde o chiste, pois ben, se me dixesen todo isto, a priori, como que fuxiría de velo, pero el só dixo:

"teño tempo [...] para ver filmes divertidos e ben escrtios, como a fermosa Juno. Cen por cen recomendable."

E acertou :-)

Vía From Hell.

Chuzame! chúzame -
mércores, febreiro 20th, 2008

Síndrome de abstinencia

Onte era día de feira no macroenxame de morte. Á entrada unha ducia de androides están recibindo ás présas a súa dose de soma. Carreira sen prolegómenos á calor abafante esquivándoos, coma se non existisen. Atraveso a feira en equilibrio aséptico seguindo unha liña de cor trazada no chan para que os da nosa caste non nos perdamos ou decidamos fuxir correndo... Unha muller nova ao meu carón descolga o móbil, "mentres non desperte non nos poden decir nada, nin saben se as secuelas serán de moita gravedad ou non, si, si, xa o sei, o ciruxano dixo que ao ser un rapaz novo, si, que ao ter catorce anos iso axudaba moito"... Nunha sala de espera, calor abafante.
De volta ao aire frío da noite inspiro a bocanada de soma dun extraño e entro en sídrome aguda de abstinencia. Fuxo.
Si, é certo, conservo dúas doses, gárdoas para cando ti te chames Jerry e eu Charlotte, gárdoas para que as prendas con estilo mentres eu che digo aquilo de "non pidamos a lúa, xa temos as estrelas".
Chuzame! chúzame -
luns, decembro 31st, 2007

Centenario de Bette Davis

O servizo postal estadounidense homenaxea deste xeito á grande loba no centenario do seu nacemento (1908-2008).
Chuzame! chúzame -
luns, decembro 31st, 2007

O TACTO

Chuzame! chúzame -
venres, decembro 14th, 2007

La clave reserva


Alfred Scorsese
Ummm, que gustazo!!!!!

Chuzame! chúzame -
martes, decembro 4th, 2007

Campaña de animación á lectura 34

Fotografías dun lector aplicado ata o final.


Chuzame! chúzame -
xoves, novembro 22nd, 2007

Marilyn

[Fotografía de Elliott Erwitt]
Xa pasaron 45 anos desde a súa morte (suicidio/asasinato), case medio século despois e aínda segue aí dandonos leccións de erotismo.
Chuzame! chúzame -
domingo, agosto 5th, 2007