Archive for the 'Blogueiros' Category
≡ Enjut@ Mojamut@
Chégame un convite do señor Kaplan de responder ao seguinte meme. Fágoo ipso facto:Voz en off> Cantas horas ao día de media pasas conectad@ a Internet?
Enjut@> Máis das que debería, digamos que hai días en que o ordenador non se apaga.
Voz en off> Cantas contas de correo tes?
Enjut@> Máis de dez: 3 do blog (gmail, yahoo, flickr), a de yahoo, dúas do traballo e unhas cantas que foron xurdindo.
Voz en off> De cantas redes sociais es?
Enjut@> Teño conta en algunha pero non uso ningunha.
Voz en off> Que che gusta máis para te expresar: o blog, o wiki, flickr ou twiter?
Enjut@> O blog, con diferenza, aínda que moitas veces se me queda curto. Realmente gustaríame saber deseñar páxinas web para poder utilizar doutra forma letra, son, imaxe, vídeo... Gústame moito o flickr, tanto para colgar fotos miñas como para navegar polas alleas. Un dos meus pasatempos preferidos é o paseo por imaxes na rede, gústame procurar as imaxes precisas para cada post aínda que a maioría das veces non aparece aquela concreta que tes na cabeza acabas dando con algunha que se achega.
Voz en off>Cantos blogueir@s coñeces persoalmente?
Enjut@> Coñezo persoalmente a varios, aínda que el@s non saiban quen son eu. Logo teño compartido espazo común con bastantes máis nas mesmas condicións.
Voz en off> Cant@s blogueir@s les habitualmente?
Enjut@> Realmente volvinme unha adicta aos blogs, sigo diariamente uns dez, semanalmente uns vinte e no meu lector de sementes conviven máis de cen.
Quen guste das preguntas que siga o meme e deixe recado.
chúzame - ≡ Kaplan embalado
Así atopei fai dous días a Kaplan, embalado e polo chan. Foi imposible saber o contido das tentadoras caixas.
Seino, a foto é mala, malísima de solemnidade, pero como documento gráfico creo que abonda. Ademais, a ver que foto quitaban vostedes desde o coche, conducindo e cun tipo ao lado dicíndolles: "Circule, por favor, circule"
chúzame - ≡ O meme das alegrías
Cando L.Q.B. tivo a ben convidarme a participar no seu orixinal meme sobre coñecementos bíblicos ou, dito doutro xeito, con que cinco blogueir@s farías alegrías durante unha noite toda, primeiro foi aquilo, máis tarde iso, para seguir con esta brincadeira que debeu ser ben mala. E o caso é que despois das santas xornadas a cousa acabou neste post que me resultou bastante divertido e que espero non ofenda os aludidos. Aí vai a miña listaxe dos 5 nomes, nesta ocasión candidatos, en orde alfabética: Cabrafanada – entre outras cousas, por isto (sen máis comentarios).
Kaplan – polo cine, as palabras, Kavafis e o que subxace.
O Pitiño – polas súas piadas (aínda na ausencia).
Suso Bahamonde – porque o sexo sempre me pareceu unha forma interesante de baixar aos infernos.
Torreira – porque nunca tiven ocasión de probar o LK mentres, e teño a certeza de que sería unha moi agradable experiencia.
Non vou convidar a ninguén explicitamente a seguir este meme, xa que non está no meu ánimo violentar a ningún dos visitantes desta súa selva; agora ben, saiban todos e todas que quedan formalmente invitados a espallar este exercicio de fresco descaro.
chúzame - ≡ Días estranhos - 5 anos
O blog de Martín Pawley cumpre cinco anos e faino principiando unha serie de recomendacións literarias de diferentes persoeiros que se abre coa intervención de Agustín Fernández Paz. Parabéns ao autor polo aniversario e pola iniciativa.
chúzame - ≡ Debate eleccións xerais 2008
O de hoxe foi un debate electoral diferente, estiven no Blog dos Pelachos nun chat mentres se desenvolvía o programa, foi divertido e desde logo fixo a experiencia moito máis levadeira. Parabéns a Leco pola iniciativa.
chúzame - 

