≡ Kaplan embalado
Así atopei fai dous días a Kaplan, embalado e polo chan. Foi imposible saber o contido das tentadoras caixas.
chúzame - Así atopei fai dous días a Kaplan, embalado e polo chan. Foi imposible saber o contido das tentadoras caixas.
chúzame -
Se alguén me falase dun filme dunha rapaza de dezaseis anos que queda preñada e vai abortar e sae da clínica sen facelo por algo que lle din, etc. que non lles conto máis que senón perde o chiste, pois ben, se me dixesen todo isto, a priori, como que fuxiría de velo, pero el só dixo:
E acertou
Vía From Hell.
chúzame -
Ás veces nisto da rede perdemos a consciencia da presenza. Teño por costume dar a benvida a aqueles que deixan comentario por primeira vez na Selva, e foi o caso que xa hai case un mes Césare tivo a ben deixar unhas palabriñas súas neste recuncho. Eu, afeita a lelo, non reparei en que desta volta as súas palabras non proviñan de As túas balas e non me decatei ata hoxe. Césare é un deses amigos invisibles aos que coñecín mesmo antes de existir X. Por obra e graza dun Robinson, nun fondo verde que daquela decoraba Ithaca, achei o link ao seu blog e desde aquela me gusta pasear por el sabendo das súas distancias, visitas, retornos e ferretes aínda que ás veces teñan pouso amargo. E dito isto non quero eu facerlle o feo.
chúzame - Esta Selva é tan rica que andan as mazás polo chan e pódeas apañar quen queira.
Hainas para el,
para ela
e para el tamén.
E vostedes pensarán a que vén tanta mazá, pero é que os paseadores desta Selva non se conforman con calquera cousa, non, non, sonlles ben tiquismiquis, e mentres as árbores da Selva vaian portándose, por mazás non ha de ser.
chúzame -
[Fotografía de antonioxalonso]Vía A Nosa Biblioteca.
chúzame - Mireinos, sorrín e sentín certa nostalxia inexplicable.
Saúdos, boa sorte e moito millo onde queira que píe agora.
chúzame -
chúzame -
chúzame -