Archive for novembro, 2007

[José Carlos Vázquez - Seducción]
Seica hai quen di que as mulleres non son claras, que non sabe un a que aterse. Algunhas opinións máis especializadas afirman que iso non é bo para o entendemento da parella. Outros que estudaron aínda máis sosteñen que ese comportamento é produto do sometemento secular sufrido polas mulleres que derivou neste caso na non verbalización do propio.
Seino e, malia todo iso, ou precisamente por todo iso, a min gústame dicir sen dicir e que ti me adiviñes.
chúzame -
xoves, novembro 29th, 2007
Posted in Ti, X | 4 Comments »
Ás veces esváese o límite entre lector e lectura.
chúzame -
martes, novembro 27th, 2007
Posted in Animación_á_lectura, Consumo, Publicidade | 6 Comments »

Perdón a todas as mulleres maltratadas que coñezo e non recoñezo para podelas axudar.
chúzame -
domingo, novembro 25th, 2007
Posted in Disparates, Elas, NaRede, NoMundo, Publicidade, X | 3 Comments »
Fotografías dun lector aplicado ata o final.





chúzame -
xoves, novembro 22nd, 2007
Posted in Animación_á_lectura, Cine, Consumo, Literatura, Persoas, Publicidade | 3 Comments »
Estupenda tormenta a desta noite, ummm, por fin chove como é de chover. Xa podemos ir chapotear nas pozas.
chúzame -
mércores, novembro 21st, 2007
Posted in Fotografía, X | 8 Comments »

Vía
Brétemas chego a
Amúo, o blog de Leriasaparte, unha persoa coa que, polo que conta, se está a cometer unha grave inxustiza.
Visiten o seu blog e lean a súa historia, é moi breve e concretiña.
Desde a Selva pido xustiza para Leriasaparte, porque coas cousas de comer non se xoga.
chúzame -
domingo, novembro 18th, 2007
Posted in Blogomillo, Disparates, NoMundo | 3 Comments »
8 Motivos para inxectar meu veleno en ti:
1 – Preciso que o teu berro me confirme que aínda estás vivo.
2 – Quero poñerte en perigo para despois salvarte.
3 – A túa carne resulta extremadamente tentadora para estes meus dentes pequechos.
4 – Quero comprobar que non perdeu as súas propiedades.
5 – Quero sentirte atrapado polos meus cairos.
6 – Así o meu líquido ha de ir en ti sempre.
7 – Desta volta tiña que ser eu a que te enchese a ti.
8 – Hoxe é deses días en que me gusta ser mala.
Non era nada persoal, enténdeo, pero tiña que seguir o meme.
* Convido a este meme a quen garde veleno e o desexe repartir.
chúzame -
xoves, novembro 15th, 2007
Posted in Blogomillo | 6 Comments »

Ás veces confundímonos sen querer e facemos clic na opción errada.
Quero unha segunda oportunidade.
Sorry!
chúzame -
martes, novembro 13th, 2007
Posted in X | 5 Comments »

Ando envolta nun traballo/vicio que me afasta dese mundo que segue a xirar, saco a cabeza un chisco e comprobo que me esquecín dun agasallo de aniversario (apúntemo no debe). Lanzo unha ollada e vexo como o Torreira me bota máis anos dos que teño, mentres Rosa Enríquez me informa de que hai por aí, circulando pola blogosfera, un deses estúpidos memes dos que tanto gosto e ao que ninguén me convidou aínda. Menos mal que un cidadán anónimo me lembra a importancia da harmonía.
Snif, snif, snif...
chúzame -
domingo, novembro 4th, 2007
Posted in Agasallos, Blogomillo, Os_amigos_invisibles, X | 12 Comments »