≡ Positiva
O día comezou regular, continuou bastante mal, evolucionou a agradable e agora, deixando entrar a friaxe da noitiña pola xanela, atópome ben, falaría de serenidade e esas cousas pero ultimamente todo iso sóame a crise dos corenta e fuxo de certas palabras e conceptos coma alma que leva o demo.Onde teñen sucursais os bancos eses de tempo dos que fala a xente. Quero comprar. Non preciso que me produzan grandes dividendos, sei que é un valor inestable, fuxidío, aínda así, estou en racha, quero comprar. Non, non estou tola, non o investirei todo, teño que deixar unha porcentaxe de sacrificio cotián, non vaia ser que veña a crise e iso do tempo vaia a pique e teña que saltar pola ventá coma no 29.
Hoxe non pode ser, quizais outro día.
Non importa, camiño en boa dirección.
chúzame - 







