Archive for febreiro, 2007
≡ De bicos doces a bocas acedas
E eu volvo en min arredando frías estatísticas e tento razoar que hai entre aquela primeira vez inicio xermolador de roces amantes e esta primeira vez final de alento de vida. Por que o empeño de converter aquelas bolboretas no estómago con te albiscar de lonxe no estarrecemento da alma ao te presentir perto? Por que mudar bicos doces por bocas acedas? Por que mancillar mans de seda en pulsos tercamente retortos? Por que denigrar a mutua compaña fiel en obxecto-posesión material en exclusiva? Por que sempre fica un agresor en presente e unha vítima en pasado? Un agresor en masculino e unha vítima en feminino.Acordo e volvo ler, sempre para non esquecer, a voz preñada de realidade de Medos Romero:
Asinoute sombra de seu.
Este sería o teu único nome,
Sombra.
Por iso ao caer na rúa
aquela tarde,
sóubote en verdade
enteiramente súa.
Texto de Mercedes Queixas vía GZnación.
Fotografía de Iván Hidalgo.
chúzame - ≡ Campaña de animacion a lectura 07
domingo, febreiro 25th, 2007≡ 11 Aniversario de Vieiros
domingo, febreiro 25th, 2007≡ As miñas portadas da ASME glamurosas
sábado, febreiro 24th, 2007≡ As miñas portadas da ASME de dereitos civis
sábado, febreiro 24th, 2007≡ As miñas mellores portadas da ASME
Vía Brétemas descubro o Top 40 das portadas de revista dos últimos 40 anos segundo a American Society of Magazine Editors.
Entre elas escollo as que para min son as tres mellores.


chúzame - ≡ Oleguer
Kelme rescindiu o contrato co futbolista a raíz do seu posicionamento público a favor de De Juana Chaos, vese que non incluíra a cláusula de secuestrar a súa liberdade de expresión. Non sei se será legal o que fixo Kelme, agora moi lícito non parece que sexa.
Hai voces que aínda os cartos non poden calar.
Fotografía de Jordi Cotrina.
chúzame - 










