Selva de Esmelle


Archive for decembro, 2006

Beixos

Este post leva dous meses gardado como borrador agardando este día para se converter no meu agasallo de fin de ano para vostedes, para todos os que me teñen acompañado desde que fai sete meses principiara a aventura deste blog e para os que sigo desde hai tempo.
O meu presente hoxe é a visión dun dos fragmentos de cine máis queridos para min, pertencente ao filme Nuovo Cinema Paradiso. Trátase dun fermoso agasallo, que o rapaz Toto, xa convertido nun Salvatore adulto, recibe como herdanza do seu amigo Fredo (Alfredo). Consiste nunha montaxe dos bicos e imaxes censuradas que Fredo fora gardando ao longo dos anos e que recibe agora cando o seu amigo está morto, e todo isto na atmosfera da belísima banda sonora de Ennio Morricone e Andrea Morricone.
Deséxolles un novo ano cheo de furacáns, tormentas e brisas de beixos.
Sempre súa.
X
Chuzame! chúzame -
domingo, decembro 31st, 2006

Mudanzas

Coa entrada do novo ano penso facer algúns cambios, para comezar a fotografía do meu perfil deixa de apropiarse dunha imaxe allea e amosa unha propia, trátase dunha paisaxe que un día calquera atopei paseando.
Chuzame! chúzame -
domingo, decembro 31st, 2006

Xogo de Nadal

Entre roldas de prensa presidenciais e especiais sobre o executado déixome levar da man do indeciso Klaus Gade polas rúas de Odense e remato Os meses que compartimos. Lembro que tiña intención de dar conta neste blog do xogo proposto por Náufrago para este Nadal, e que me trae a mal traer, e case se me pasa. Por certo, resúltame curioso que haxa tantos resultados coincidentes entre os participantes.
Chuzame! chúzame -
sábado, decembro 30th, 2006

Sadam Hussein

A quen beneficia esta execución?
Chuzame! chúzame -
sábado, decembro 30th, 2006

Fin da tregua?

22/03-30/12
Que pouco duran as cousas boas.
Chuzame! chúzame -
sábado, decembro 30th, 2006

Extravíos

Xa se sabe, nestas datas, con tanto tráfico de mercadorías dun lugar para outro é doado que se extravíe algún paquete. Tarde e no medio de envoltorios insospeitados, chegou o meu agasallo de Papá Noel, mágoa non poder compartilo.
Chuzame! chúzame -
sábado, decembro 30th, 2006

Areia sonora 1.1

Escoita a súa nova areia sonora.

Chuzame! chúzame -
venres, decembro 29th, 2006

Luces

3,5 millóns de euros gasta este ano o concello de Madrid na iluminación do nadal.
Chuzame! chúzame -
xoves, decembro 28th, 2006

En fin

Ás veces dedicamos tempo a facer algo para alguén pero non se entera.

Chuzame! chúzame -
xoves, decembro 28th, 2006

Dúbidas

Ao final imos tomar as uvas soíños ou acompañados?

Chuzame! chúzame -
xoves, decembro 28th, 2006