Archive for xullo, 2006
≡ Patio de veciños
Hai pouco máis dun mes algúns habitantes do blogomillo me dicían que isto non era a terra prometida da rede de redes, que a grande arañeira era unha quimeira, que máis ben era unha aldea. Pois non, nin aldea é, isto ás veces parécese máis a un patio de veciños.
Hoxe asomei a cabeza e vin un lugar pequecho e escuro. Era un patio de ollos asexantes agachados tras das cortinas. Era un patio de veciños cheo de olores de fogares alleos que non son o noso, olores rancios que penetran na roupa tendida que logo teremos de poñer sobre o corpo, nas sabas nas que logo apoiaremos o rostro. Nesta xornada o ceo estaba cuberto, non deixaba que a luz entrase polo patio abaixo e o oco tiña unha cor triste, o gris dos anos cincuenta.
chúzame - ≡ Pura Vázquez in memoriam
"Guindar as vestiduras nun universo azul e sentir como a pel é a pura perfección, que o corpo é un anxo doce que nos ata no gozo. No hemisferio amoroso da festa dos que se aman, no país da caricia e da celeste carne."
chúzame - ≡ Estratexia

Adiantou o primeiro peón, gustoume telo aí diante e aceptei o convite. Non pode xogar sen máis, só polo pracer de facelo. Quere gañar. Tense por un grande estratega e as súas palabras anuncian que a batalla ha de ser peza a peza. Os dous sabemos que para nós non haberá un final en táboas.
chúzame - ≡ Pretty man?
O capítulo de onte de Queer as folk era unha mala versión homosexual de Pretty woman?
A imaxe de dous lobos ridículos mirándose ameazadoramente na mesa do Babylon era imaxinación miña?
E aínda así segue a gustarme?
chúzame - ≡ Sabinista
A raíz dun post de Náufrago recupero a Sabina para min, que xa hai uns meses que non o visitaba.
...descubrí que hay amores eternos
que duran lo que dura un corto invierno.
[Joaquín Sabina: Amores eternos en Hotel, dulce hotel]
powered by ODEO
chúzame - ≡ Día da Patria 2006
[Pídolle desculpas a quen corresponda porque cando copiei hai uns días esta imaxe esquecín apuntar a fonte]
chúzame - ≡ fanny+alexander
luns, xullo 24th, 2006≡ Xeografía Galega IV: As montañas orientais de Lugo
Colgo o cuarto capítulo da serie documental que ofrece de balde a canle de televisión do portal Cultura Galega.
chúzame - 





